¿Quen son eu, quén me trouxo,
quén me ten de levar?
Lonxe quedou o muíño,
tamén lonxe o piñeiral.
¿Quen é o veciño meu,
o polaco que chora ardentes bágoas,
ise loiro rapaz que non vai ó traballo
porque di que o mencer ten veneno de serpe?
¿Quen son eu, quén me trouxo?
¿E quén me levará diste inferno de moedas
ó ceu da caridá?
¡Meu muíño de pan!
¡Meu piñeiral!
¡Meu lar!
Xesús
Lorenzo Varela, homenaxeado das Letras Galegas 2005