Free Web Hosting by Netfirms
Web Hosting by Netfirms | Free Domain Names by Netfirms

                         

Sopa montañesa

 ( programa 31-07-05 )

 

El inspirado poeta gallego D. Salvador Golpe, ha tenido la
bondad de dedicarme una receta que publico a continuación,
A o mestre «Picadillo»

    

Cóllese un molete,
fanse unhas tostadas
e con gran coidado
dóuranse n'as brasas.

Cóllense chourizos,
córtanse en rodaxas
que medio centímetro
teñan de delgadas.

Traise unha tarteira
e con moita calma
vanse n'ela pondo
o pan e as talladas.

Primeiro, das tostas
déitase unha capa,
e enriba d'ela. outra
d'aquelas rodaxas.

E vanse alternando
chourizo e tostadas
hastra que a tarteira
se vexa mediada.

Vérteae alí un caldo
de moita sustancia,
que teña, a lo menos,
dous dedos de grasa.

E logo á tarteira
pónselle a súa tapa,
e, ferbo non ferbo,
tense xunto as brasas.

¿Xa chegóu a hora
de xantar?.. ¡Pois, hala..!
Enriba de todo
uns ovos se escalfan.

E así, na tarteira,
no medio da táboa
se pon esa sopa
sin máis circunstancias.

Así ma serviron
a min na montaña, (*)
fará corenta anos...
¡Qué tempes, caraina!

 

SALVADOR GOLPE

 

                       

(*) En San Pedro de Burrifáns, pretiño de Cabruy, xunto ós montes chamados da Tieira.

Publicado en "La Cocina Práctica", de Manuel María Puga (Picadillo), septima edición agosto de 1916