Free Web Hosting by Netfirms
Web Hosting by Netfirms | Free Domain Names by Netfirms

 

 

 

          

                                 

PORTA    

por Celso Emilio Ferreiro   

 (programa 29-08-04)

 

 

Celso Emilio Ferreiro (Ourense 1912, Madrid 1979)

O fel de ter que vivir
entre badulaques tantos,
fixo nacer istes cantos
de escarnio e de maldecir.
Neles, sin ningún aliño,
pro con moito ritintín,
chámolle, tal como os vin,
pan ó pan, i ó viño, viño.

   
Istes versos o tuntún,
irmau das horas acerbas,
levan pra ti unhas verbas
de amor na Patria común.
Irmau meu na emigración,
galego peregrinante,
ergue a testa, mira adiante,
camiña con decisión.

     
Aprende a decirlle non
ó paisano denigrante,
ó logreiro, ó negociante
da túa triste condición.
De que despertes é hora,
dilles que non, logo berra
que eres bon fillo da Terra,
que estás coa Nai e Señora.


        

              

        Celso Emilio Ferreiro (Celanova, Ourense,1912 - Vigo, 31-08-1979)