Free Web Hosting by Netfirms
Web Hosting by Netfirms | Free Domain Names by Netfirms

          

                                 

 

O GRAN CAMANDULEIRO

Lectura do programa do 29-1-06

(120º Aniversario do nacemento de Castelao)

   

 

O gran camanduleiro non tiña máis vicio que o de xogar á lotería, e sempre mandaba un realiño de participación ó Asilo de probes. Os probes teñen moito valimento no ceo e ¡quén sabe! , porque lle tocase os probes podíalle tocar a el. E unha vez tocóulle, e a súa riqueza medróu moito. Pero tiña un fillo...


Por fóra semellábase os cambistas que pintóu Roymerswael e por dentro tamén. Tina unha "tenda de diñeiro" e cando se achegaba unha víctima collían os seus beizos un aquel de ledicia, coma se lle rañasen os proídos do
lombo; pero na súa faciana endexamáis se pousóu a risa limpa dos homes de ben. Era millonario e ruin o gran camanduleiro, e tiña tanta xente collida nos seus papeles que ademáis de noxo daba medo. Pero tiña un fillo...


O fillo do gran camanduleiro foi o vingador das víctimas do pai. O diñeiro que o vello arrepañara con tanta pacencia foi gastado ledamente polo fillo en tódolos vicios do mundo.

 

0 vello, eivado, morríase de carraxe ollando cómo o fillo desfacía a súa obra, e un día díxolle:
-Hei de amolarte, que has de ir ó servicio, porque eu non te libro.
E o fillo respondéulle:
-Bo, bo, bo. Eu hei de librar por fillo de viuda probe.
E así foi.

 


(El Pueblo Gallego. 24-IV-1927.)
CASTELAO