Free Web Hosting by Netfirms
Web Hosting by Netfirms | Free Domain Names by Netfirms

     

                                 

O NOME DE GALICIA    

por Valentín Lamas Carvajal 

 (programa 05-09-04)

 

 

Valentín Lamas Carvajal

Patria d'os meus amores,
por Dios bendita seas!
Semeados fan de frores
teus montes e teus vals;
a paz d'os ceos teñen
decote as tuas aldeas,
prateados son teus ríos,
manífico teu mar.


O sol que doura as prantas,
o vento que as arrola,
as cántigas d'as nenas,
os ecos d'as campás,
o pío d'os paxaros,
o sospirar d'a rola,
a vida n-esta terra
máís feiticeira fan.


Non sei qu'encantamento,
que amor, que poesía,
ten este chau garrido,
a terra onde nacín:
n-as alboradas ledas,
n-as noites e n-o día,
terás sempre fei tizos
grorias e luz pra min.


Seu nome deprendino
de neno con dilicia,
direino mentras viva
c'o fogo d'a pasión;
cando a morrer eu vaya,
o nome de Galicia
direino misturado
c o nome d'o meu Dios.

Amor grande, subrime,
que o corazón encerra.

tesouro d'ínfinitos
recordos e pracer;
encantamento dolce
o amor d'a nosa terra,
de cote con nosoutros
camiña hastra morrer.


Sol qu'alumea as tréboas
d'os fondos sufrimentos,
voz que d'outros espacios
nos vén eíquí a falar,
n-a música d'os soutos,
n-o sospirar d'o vento,
n-o murmuxar d'os ríos
e n-o muxir d'a mar.


Por eso en longas térras
de coitas e doores
os fillos de Galicia
morrendo tristes van:
fáltalle a paz d'a y-alma,
a luz d'os seus amores,
os aires d'a sua patria,
as grorias d'o seu lar.


¡Galicia! Nome santo
que dixen con dilicia
de neno, e que hoxe lembro
c'o fogo d'a pasión;
cando a morrer eu vaya,
o nome de Galicia
direino misturado
c'o nome d'o meu Dios.

 

 

VALENTÍN LAMAS CARVAJAL
1 DE NOVEMBRO 1849 - 4 DE SETEMBRO 1906