Free Web Hosting by Netfirms
Web Hosting by Netfirms | Free Domain Names by Netfirms

     

                                          

CARTA A MEU AVÓ    

por Carlos Emilio Pons  (programa 30-05-04)

 

 

Non, non, non, avó,
Galicia non é a que foi,
nin a que ti me contabas,
agora falan galego
ata os que nunca o falaban.
Na Coruña é unha odisea
atopar unha cabina para falar,
a que non furrula está ocupada,
e hai tantos coches
que non hai quen poida aparcar.
En Vigo coma en Nova York
constrúen scalextric. ¡Que traballo!
E se non lles gusta como queda
non lle dan máis voltas,
tirano abaixo.
E agora os homes coidan dos nenos
e as mulleres traballan na Renfe
e os nenos xa non comen grelos,
nin cocido,
agora comen bistec e almorzan corn flakes.
Non, non, non, avó,
Galicia non é a que foi,
nin a que ti me contabas,
agora falan galego
ata os que nunca o falaban.
E sei que en máis dunha vila
pecharon o concello,
pois botaban o partido;
aquí cando dan fútbol
non se salva nin Cupido.
Manoliño xa non ten a tenda,
agora deseña e fabrica moda;
¡se o vise Mafalda e Felipe
como fái negocios
e como fala....!
E así van as cousas por Galicia;
a terra segue fermosa e verde,
"a pesar da ciencia e a tecnoloxía''
e algunha xente
que cre que San Xoán é cada día.