Free Web Hosting by Netfirms
Web Hosting by Netfirms | Free Domain Names by Netfirms

 

 

 

          

                                 

A VACA    

por Paco Martín  (programa 13-06-04)

 

 

 

Paco Martín (Lugo, 1940)Un vello tiña unha vaca, tarnén vella, e mantíñaa coa herba que medra na beira das corredoiras.
Un serán a vaca moscou e turrou ó vello. Espetoulle un corno no peito.
O home volveu á casa termando do sangue coa pucha e deitouse. A vaca veu soa para a corte.
A noite o velliño estaba morrendo e escoitaba laiar a vaca en baixo.
Tiña a escopeta cabo do leito. Colleuna con moito traballo e disparou contra a fíestra.
Cando o veciño acudiu, o vello dixo:
- Hai que muxir esa vaca...
E morreu.